Sunday 05 de May de 2024

A Xunta participa na inauguración das novas instalacións do Club Financeiro de Santiago


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración das novas instalacións do Club Financeiro de Santiago, onde destacou que a cooperación entre empresas ofrece un beneficio compartido que non só reverte no empresariado senón tamén na súa sociedade no conxunto.

Rueda defendeu o importante labor dos emprendedores, capaces de aportar novas ideas para responder ás necesidades e demandas que xurdiron nun momento de cambio económico. Para axudarlles nesta tarefa, dixo, contan co apoio de institucións como o Club financeiro e as administracións públicas, a través de axudas económicas, asesoramento ou medidas específicas como a redución de trámites burocráticos.

O CFS acolle un centenar de empresarios e profesionais constituídos en organización para promover os intereses xerais de Galicia e especialmente os da comarca de Compostela. Desde hai cinco anos a entidade está a desenvolver unha ampla carteira de servizos para os seus membros, tanto de carácter financeiro como formativo, social e lúdico.